REDE AXUDA plataforma de axuda entre a cidadanía e as entidades sociais

Que é a Rede Social de Pontevedra?
Unha inciativa que pretende crear sinerxias e facilitar a participación cidadá en relación coas entidades sociais de axuda ante situacións extremas.

Quen impulsa esta iniciativa?
A concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra.

Quen forma parte da Rede?
As seguintes entidades sociais: Cáritas, Comedor de San Francisco, Calor y Café, Proxecto Home, Meniños, Secretarido Xitano.....

www.redeaxuda.com

 

 

Curso de Voluntariado en Hospitais

Convoca: Asociación Española contra el Cáncer.

Datas: 7 e 8 de marzo na  Sede provincial da AECC en  Pontevedra, r/ Augusto González Besada 9 , entrechán.

tel. 986 86 52 20

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Ver folleto do curso na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/aecc2012.pdf

 

 

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN DO XANELA ABERTA AO SUR'12

Campos a Brasil, Ecuador e Marrocos

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur. A partires do 6 de febreiro e ata o 22 de marzo abrirase o periodo de inscrición para participar neste programa de educación para o desenvolvemento.

Para todas as persoas que queriades coñecer de primeira mán este programa, durante o mes de Febreiro e Marzo as persoas que participaron no Xanela durante o ano 2011 realizarán charlas informativas para difundir a súa experiencia. As datas son:

 

  • A Coruña: 7 de marzo. Galería Sargadelos (Rúa Real, 56). 19:00 horas.

  • Pontevedra: 1 de marzo. Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra. 12:00 horas.

  • Compostela: 2 de marzo. Local de Amarante. (R/ San Pedro, 67) 20:30 horas

  • Ourense. Pendente de confirmación. Máis información na web de Amarante.

  • Ribadeo: 3 de marzo. 20:00 horas. Casa das letras.

O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente: 

- Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )

- MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )

- Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son: 24 de marzo, 14 e 15 de abril, 12 de maio, 26 de maio e a avaliación o 15 de setembro.

Os requisitos para participar son:

- Ser maior de idade

- Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas

- Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)

Tes máis información e aclaracións no noso apartado de educación ó desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook.

Para inscribirte ou pedir máis información escribe a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Programa de Voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais

Para todas/os aquelas/es maiores de 18 anos , que queirades colaborar na prevención, vixilancia e defensa dos nosos bosques, animámosvos a participar este verán no programa "Voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais"

Un programa de formación e sensibilización en materia de conservación do medio ambiente, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de sensibilización ambiental e infundir nos/nas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN EN LÓUZARA - SAMOS: * Xullo: do 29 ao 31 (20 participantes) * Agosto: do 5 ao 7 (20 participantes) * Agosto: do 12 ao 14 (20 participantes) * Agosto: do 19 ao 21 (20 participantes) * Agosto: do 26 ao 28 (20 participantes) * Setembro: do 2 ao 4 (20 participantes) * Setembro: do 9 ao 11 (20 participantes)

Actividades: Formación ao voluntariado sobre prevención e vixilancia contra os incendios forestais. Obradoiro básico de cartografía-orientación-comunicación. Roteiros de vixilancia temperá pola Serra para a detección de posibles lumes forestais, con estruturación e organización dos equipos para poder abarcar o maior campo de visión posible: zonas altas con gran campo de visión e zonas baixas para a detección temperá de incendios difíciles de detectar desde as casetas de vixilancia. Vixilancia disuasiva polas zonas potencialmente perigosas polos incendios. Recoñecemento de flora e fauna de montaña. Observación de ecosistemas forestais e interpretación da paisaxe. Labores de información e sensibilización á poboación local. Deseño de campañas de sensibilización

Programa totalmente gratuito promovido polas Direccións Xerais de Xuventude e Voluntariado, e Conservacións da Natureza.

A estancia e actividades desenvolveranse no entorno deo Albergue O Noso Lar de Lóuzara (Samos). Se querede máis información podedes escribir a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamar ao numero 600 802 222, ou incluso no blogue http://voluntarioambientalenlouzara.blogspot.com

Inscricións a través da  http://www.voluntariadogalego.org

 

Cursos de Cruz Vermella para novos voluntarios/as

Convoca: Cruz Vermella Xuventude

Accións formativas:

  • Mediadores/as en prevención de conductas violentas, do 26 de setembro ao 7 de outubro
  • Intervencion social con menores en dificultade social , do 19 ao 23 de setembro

Requisitos: mozos/as de entre 18 e 30 anos interesados en realizar tarefas de voluntariado nos proxectos de Cruz Vermella Pontevedra.

Ver programa completo e información de contacto na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/crj.pdf

 

 

Proxecto Neo de Cruz Vermella

Neo é un circuito de actividades lúdicas nas que os participantes coñecerán a Cruz Vermella e as súas áreas de intervención e poderán formarse como voluntarios/as

Dirixido a mozos/as de 14 a 18 anos

Datas: os mércores a partir do 25 de maio de 18 a 19.30  ou venres de 16.30 a 18 h.

Organiza: Cruz Vermella Pontevedra. Tel. 986 852 115 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Maís información na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/neo.pdf

 

 

 

 

Curso de Voluntariado de Asociación Contra o Cancro de Vilagarcía

Data: mércores 25 de maio

Horario: de 10 a 14 h.

Lugar: Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía de Arousa

Ver información no cartel na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/voluntariadovilagarcia.pdf

 

 

Foros de Voluntariado 2011

Convoca: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Contido: A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten posto en marcha a elaboración do III Plan Galego de Acción Voluntaria, que enmarque e oriente o desenvolvemento do voluntariado en Galicia para o período 2011-2014 e comprometa aos distintos axentes implicados no seu desenvolvemento.

A sistemática escollida establece que o equipo de redacción presentará nun primeiro momento o Documento de Bases do Plan e nun segundo momento o Documento Borrador do Plan, aos que se poderán realizar achegas desde os axentes implicados na Acción Voluntaria. A contribución directa das persoas voluntarias e das entidades de acción voluntaria será recollida a través dos Foros de Voluntariado que agora presentamos e nos que animamos a participar a todas as persoas que estades presentes no día a día co voso traballo voluntario.

Informa: www.voluntariadogalego.org

 

 

 

Campo de Traballo en Kenia

Convoca. Organización KVDA

Duración : diferentes convocatorias de abril a novembro de 2011

requisitos: maior de 18 anos e nivel básico de inglés

Web: www.kvda.or.ke

correo electrónico en España para solicitar información adicional: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Información e descrición dos diferentes campos na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/kenia.pdf

 

 

Voluntariado de recuperación do patrimonio cultural galego

Zona: patrimonio artístico de Celanova e o seu contorno

Descrición:

• A recuperación do roteiro arqueolóxico de Castromao e a sinalización do castro.

• A intervención na natureza da zona de Ponte Freixo e a sinalización do roteiro dos petróglifos do río Arnoia.

• A limpeza e sinalización do roteiro da Casa da Neve de Celanova, arredor do cal podemos atopar varias lendas, como a da cidade perdida de Cachiquimbra ou a da fundación de Celanova por parte de San Rosendo.

• A preparación e sinalización dun xogo de rol en Vilanova dos Infantes, con personaxes baseados nas antigas novelas de cabalerías.

• A limpeza do foxo da antiga fortaleza medieval de Milmanda e a recuperación medioambiental do entorno.

Todo este programa desenvolverase ao longo de cinco fins de semana, comezando o venres 13 de maio e finalizando o domingo 12 de xuño

Cada quenda contará cun máximo de 20 participantes, polo que os voluntarios que intervirán neste programa serán un total de 100.

O voluntariado patrimonial contará con:
• Aloxamento e pensión completa no albergue de Celanova.
• Programa de actividades e monitores.
• Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de 18 anos.


Os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden anotarse dende hoxe mesmo, través do formulario da web www.voluntariadogalego.org, ou chamando ao Teléfono Solidario 900 400 800.

 

Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais

Programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.


Desenvolverase nas dúas seguintes localizacións: Baixa Limia – Serra do Xurés e Macizo Central – Serra de San Mamede.


ACTIVIDADES A DESENVOLVER:
- Limpeza de ríos.
- Impactos na fauna das liñas de alta e media tensión.
- Avaliación da rede de sendeiros interpretativos do parque.
- Outras.

DATAS DE REALIZACIÓN SERRA DO XURÉS:
Maio: do 6 ao 8; do 13 ao 15, ao 20 ao 22 e do 27 ao 29.
Xuño: do 3 ao 5 e do 10 ao 12.
Cada quenda contará cun máximo de 20 persoas voluntarias.

DATAS DE REALIZACIÓN SERRA DE SAN MAMEDE:
Abril: do 29 ao 1 maio.
Maio: do 13 ao 15.
Xuño: do 17 ao 19, e do 24 ao 26.
Cada quenda contará cun máximo de 25 persoas voluntarias.

AMBOS PROGRAMAS INCLÚEN:
- Aloxamento e pensión completa en albergue.
- Programa de actividades e monitores.
- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
- O desprazamento ata o albergue será por conta dos participantes.

CONDICIÓNS XERAIS:
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación.
Deberán levar os útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga, botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Obrigatorio levar saco de durmir.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario de inscrición da web www.voluntariadogalego.org

, ou chamando ao Teléfono Solidario 900400800.

 

Páxina 1 de 2

«InicioAnterior12SeguinteFinal»

Para facernos chegar información que
teñas interese en difundir, envíanola á:
XUVENTUDE rúa Sor Lucía 2-3, 3º - 36002
Pontevedra


ou ao fax: 986 846 145
Máis información
no tel. 986 840 367