XII Concurso Pop-Rock de Leioa ( Bizkaia)
Contido: Poderán participar tódalas bandas interesandas sempre e cando os seus membros teñan entre 14 e 35 anos, que non posúan máis dun disco editado e que non foran premiadas en edicións anteriores.
Dúas seguintes modalidades:
-
Modalidade Pop Rock
- Modalidade Metal
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de marzo de 2012.
Enviarase un CD cun mínimo de 5 cancións nun sobre por correo certificado no seguinte enderezo:
XII Concurso Pop Rock de Leioa
Aterpe Leioa Gaztegunea
Aldapabarrena, 2.
48940 Leioa-Bizkaia
Premios:
Metal: 1.800 €
Pop-Rock: 1800 €
Máis información: www.leioa.net
XV Concurso de Carteis da Festa do Polbo de Mugardos
O Concello de Mugardos convoca o XV Concurso de carteis da Festa do Polbo.
1.- Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen.
2.- Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A3, sen límite de cores ou técnicas. No caso de que o cartel premiado resulte estar feito por ordenador, tendo que ser un deseño orixinal, terá que ser entregado o soporte informático correspondente.
O tema do cartel será: XXII FESTA DO POLBO.
Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto:
"XXII Festa do Polbo Concello de Mugardos. Sábado, 14 de xullo de 2012"
3.- O prazo de presentación será todo o mes de abril de 2012.
4.- Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañándose dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla cos datos completos do autor/a: nome e apelidos, idade, enderezo completo e teléfono.
5.- O premio consistirá en 500 € que se entregarán en metálico.
Máis información no BOP da Coruña do 10 de febreiro de 2012 e na OMIX de Mugardos, tel. 981 470 338
"LOCAL DE MUSICA FEST "( 1º encontro de locais de ensaio e 1º concurso do Local de Música)
O "Local de Música Fest" nace co obxectivo de visibilizar na comunidade os resultados e avances da aposta pola creación musical de base, que o Concello de Pontevedra pretende desde o proxecto do Local de Música. Consta:
1º Encontro de Locais de Ensaio Municipais
1º Concurso do Local de Música de Pontevedra. O sábado 3 de marzo no Teatro Principal terá lugar o concurso e o premio consistirá na gravación dun Videoclip por unha produtora local (produccionesmutantes.es) do grupo gañador.
Ver bases e dossier completo no localdemusica.blogspot.com ou clicando na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/festivalocal.pdf
VI CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA XOVEN "POETA GARCÍA GUTIÉRREZ"
Convoca: Delegacion de Xuventude do concello de Chiclana de la Frontera ( Cádiz)
Destinatarios: calquera persoa entre os 16 e 28 anos inclusive
Modalidades: poesia ou prosa ( relato, ensaio, monólogo, teatro breve..)
Premios: 1º de 500 €, 2º de 300 € e 3º de 200 €
Prazo de presentación das obras: ata ás 13 h. do 23 de marzo de 2012
Información: Centro de información xuvenil do concello de Chiclana de la Frontera. Tel. 956 012 925
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
2º Certame de Erotismo Noites Abertas 2012
Tema: " O Erotismo"
Categoría única: mellor rep a resentación artística ( pintura, escultura, debuxo, cómic,poesía, fotografía, conto,..)
Participantes: mozos/as de 18 a 30 anos.
Prazo: ata o 13 de abril de 2012, inclusive.
Lugar de Presentación: Coordinación de Noites Abertas, Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra ( Casa Azul, r/ Sor Lucía 2-3º andar. 36002 Pontevedra)
Información: 986 840 367 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.facebook.com/noites www.noitesabertas.com
Premios: 2 premios para unha única categoría, consistente en 2 bonos de Spa para dúas persoas con estancia en hotel en réxime de media pensión durante unha fin de semana.
Ver Bases completas na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/erotismo.pdf
Aberto prazo presentacion de curtas e clips. Festival de Cans
Do 23 ao 26 de maio volve o Festival de Cans!
Aberto o prazo para presentar curtas e clips a concurso ata o 16 de marzo.
Como sempre falamos de curtas galegas (feitas en Galicia, producidas por unha produtora galega ou dirixidas por directores/as galegos/as) e producidas entre 2010 e 2012. No caso dos videoclips, pezas dos mesmos anos de grupos ou artistas galegos ou dirixidas por galegos/as. Consultade as bases na www.festivaldecans.com
Os premios? O primeiro, entrar na selección do festival. E se a cousa vai ben, podedes facervos con algún dos galardóns. hai dez Cans de Pedra e 5.600 euros en premios: premio do xurado á mellor curta de ficción e á mellor curta de animación (1.500 euros en cada categoría), premio do público en ficción e animación (1.000 euros por categoría), mellor actriz, mellor actor e mellor guión segundo o xurado, mellor videoclip segundo o xurado e mellor videoclip segundo o público. Ademais outórgase o Premio Pedigree a algunha persoa do audiovisual galego destacada pola súa traxectoria.
Certame Fotografía "Xosé Manuel Eirís"
Convoca: Concello de Carballo
Presentacion de traballos ata o 27 de xaneiro de 2012
Descrición: cada autor/a pode presentar un máximo de tres fotografías en branco e negro ou cor e de tema libre
Premios: 1º premio de 700 €, 2º premio 450 € e Premio Especial Carballo con 450 €.
Ver bases completas na web do Concello de Carballo www.carballo.org
BASES PARA PARTICIPAR NO ÁLBUM LITERARIO POEMA - RÍO SOBRE O RÍO DOS GAFOS
1. Poderá participar neste álbum calquera persoa que presente un texto en lingua galega que faga referencia ao río dos Gafos. Cada persoa poderá remitir tantos textos como desexe para a súa posterior inclusión no álbum literario Poema-río.
2. O tema será o río dos Gafos e a súa contorno. Os traballos serán de extensión libre, pero sempre inferior ás 15 páxinas. Poderán presentarse textos inéditos, orixinais de creación propia ou transcricións de textos recollidos da literatura oral tradicional. O carácter do texto poderá ser xornalístico, ensaístico ou literario, en calquera xénero agás novela.
3. O texto presentaranse, necesariamente e como mínimo, en formato electrónico, nun arquivo xunto en formato modificable ou en CD, con letra Arial de 12 puntos, 1,5 cm de espazo entre liñas e con marxes de 2,5 cm. Ademais, tamén se poderá remitir impreso en papel, coas mesmas características de edición. Non se aceptarán textos manuscritos. Os textos terán que axustarse ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, publicadas pola Real Academia Galega e polo Instituto da Lingua Galega no ano 2004.
4. Todos os textos estarán asinados polo/a autor/a, con nome e apelidos, teléfono e enderezo electrónico de contacto. Se o texto é recollido da tradición oral, deberase indicar ao final do texto “Texto tradicional” e, opcionalmente, o lugar onde se recolleu ou o nome da persoa de quen se oíu.
5. As persoas participantes enviaran os seus traballos antes do 31 de xaneiro do 2012. Remitiranse por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ao enderezo postal: asociación Vaipolorío. Preescolar de Cabanas. CP 36140- Salcedo – Pontevedra.
6. Durante o mes de febreiro reunirase un comité para seleccionar os traballos que se publicarán. Este comité estará formado por un/unha representante da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, un/unha literato/a pontevedrés/a de recoñecido prestixio e un membro da asociación Vaipolorío.
7. Todos os traballos seleccionados serán recollidos nun libro que publicará o Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística. A publicación non estará destinada á venda, polo que ninguén obterá beneficios económicos. Cada texto levará indicado o nome e apelidos da persoa autora. O libro presentarase no mes de maio do ano 2012, dentro do programa Maio, Mes da Lingua que promove o Concello de Pontevedra.
8. A extensión máxima do libro publicado en papel será de 60 páxinas, polo que o comité seleccionador poderá decidir a publicación total ou parcial de calquera traballo que se presente. Todos os traballos presentados, fosen ou non seleccionados para a publicación en papel, poderán ser publicados na páxina web da asociación Vaipolorío, segundo o criterio desta asociación. En calquera caso indicarase o nome completo da persoa autora.
9. A participación nesta convocatoria non dá dereito a ningún tipo de compensación, agás o recoñecemento público das persoas seleccionadas. As entidades convocantes agasallarán cun exemplar do libro impreso a cada autor/a seleccionado/a para a publicación en papel.
10. Os/As participantes aceptan estas bases e as decisións do comité seleccionador.
MAIS INFORMACIÓN : 676 842 942
Iº Concurso de Banda Deseñada Fiz, Concello de Pontevedra
Convoca: Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
Destinatarios/as deste concurso son o alumnado dos centros de ensino do Concello de Pontevedra, divididos en dúas categorías: para estudantes de 2º e 3º ciclo de Primaria e para estudantes do 1º ciclo da ESO.
O tema é a narración en banda deseñada escritas en lingua galega dunha aventura de Fiz, o personaxe creado por Kiko da Silva.
Ademais dunha exposición de todos os traballos presentados, o primeiro premio das dúas categorías consistirá nun trofeo de Fiz, unha ilustración orixinal de Fiz asinada por Kiko da Silva e a publicación do traballo premiado na revista Fiz. O segundo premio será un trofeo de Fiz. Tamén existe un premio colectivo que consistirá nun obradoiro de banda deseñada impartido por Kiko da Silva que se sorteará entre as aulas dos centros de ensino que máis bandas deseñadas presenten.
Os traballos poderán presentarse ata o 20 de decembro no Servizo de Normalización Lingüística, rúa de Arcebispo Malvar, 1 36071 Pontevedra. No exterior constará I Concurso de Banda Deseñada Fiz.
Os premios entregaranse no último trimestre do curso escolar
XII Certame de Arte Xuvenil "Fernando Quiñones"
Convoca: Ayuntamiento de Cádiz
Certame de ámbito nacional en dez modalidades : Pintura, Escultura, Fotografía, Cómic, Curtametraxe, Animación Dixital, Graffiti, Pop-Rock, Poesía e Relato Curto.
Participantes: calquera mozo/a , nados ou residentes en España , ata 35 anos de idade.
Ver bases específicas e premios de cada modalidade na www.certamenfernandoquinones.com
Prazo de entrega de traballos ata o 11 de outubro de 2011.
XXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Convoca: Concellería de Cultura do Concello de Dodro (A Coruña).
Obxectivo: promoción da poesía en língua galega.
Premio: único de 2.300 euros.
Requisitos: calquera poeta que o desexe, con candanseu libro escrito en galego segundo a normativa vixente. Os poemarios terán extenxión máxima de 800 versos e mínima de 500 versos.
Prazo de presentación ata o 13 de novembro de 2011
Información na Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
tel. 981 802 472
Máis artigos...
Páxina 1 de 2
«InicioAnterior12SeguinteFinal»

