Programa Natureza nos Camiños ( andainas ambientais)

Programa Natureza nos Camiños que comeza este mesmo domingo e que propón sete saídas por Pontevedra e a súa comarca para coñecer o patrimonio ambiental e cultural destes espazos naturais.

Trátase de rutas con prazas limitadas a 110 polo que os interesados poderán inscribirse chamando ao 986 100 185 ext 7584 ou ben a través do correo web Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

A primeira saída é este domingo polo río Almofrei, e continuará nos vindeiros domingos pola Costa da Vela, o Río Lérez (parroquia de Xeve), Ríomaior (Vilaboa), as praias de Marín (esta saída dependerá das mareas), Cerdedo e as Dunas de Corrubedo.

Horario das saídas serán ás 10.00 horas da Alameda de Pontevedra e o regreso está previsto para as 14.00 horas (salvo a saída a Corrubedo que está pensada para todo o día)
Organiza: Concellaria de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra

Para facernos chegar información que
teñas interese en difundir, envíanola á:
XUVENTUDE rúa Sor Lucía 2-3, 3º - 36002
Pontevedra


ou ao fax: 986 846 145
Máis información
no tel. 986 840 367