ALPESKI SEMANA SANTA EN RISOUL (Alpes franceses)

Descrición:  En plenos Alpes Franceses, con saída o sábado 31 de marzo e volta 8 días despois, o domingo 8 de abril.

A viaxe é en Autobus , con saídas desde Coruña e Lugo.

Está limitada a 40 persoas. (20 horas de viaxe, aproximadamente )

  •  PROGRAMA DE 6 DÍAS DE ESQUÍ. 7 NOITES DE ALOXAMENTO.

 Venres 30 Marzo: Saída desde A Coruña as 20.00 horas. Desde Lugo as 21.00 horas. Noite en ruta.

Sábado 31 Marzo:  Chegada a RISOUL a media tarde. Acomodación en aloxamento.

Do 1 ao 6  de abril:  6 días de esquí. Forfait para 6 días.

Sábado: Saída , sobre as 6.00 da mañá e chegada  a Galicia sobre as 2.00 da mañá do domingo 8 de abril

Prezo con Carné Xove: 395 euros por persoa.

Sen Carné Xove: 455 euros por persoa.

 INCLÚE:

Bus desde orixe e durante toda a estancia. 7 noites en APARTAMENTOS DE 4-6 persoas. Roupa de cama e toallas. 6 días de ForFait. Guía acompañante de Síkae Viaxes desde Orixe. Seguro de viaxe, accidentes e rescate en pistas. Tasa de “sejour”.

 http://www.vars-ski.com/hiver/fr/vars-ski-snowboard.asp

 Nota importante: cada participante depositará nos apartamentos unha fianza de 80 euros (aproximadamente) que se lle devolverá ao final da estancia. O depósito se fará directamente nos propios apartamentos.

 NON INCLÚE comidas. Nos apartamentos hai cociña.

 OPCIONAL:

ALUGUER DE MATERIAL DE ESQUÍ: consultar

ALUGUER DE MATERIAL DE SNOWBOARD: consultar

  Inscripcións:  no mail:   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 Referencia de actividade: ALPESKI SEMANA SANTA

Mais Información:  http://www.vars-ski.com/hiver/fr/vars-ski-snowboard.asp

 

PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE- ACTIVIDADES NA NEVE FINDESKI LEITARIEGOS

FINDESKI LEITARIEGOS é un programa para iniciarse na práctica dos deportes de inverno, ou facer unha escapada para non perder as habilidades de esquí ou snowboard, no que, como titulares do carné xove, podedes beneficiarvos dun desconto na cota e participación.

INSCRICIÓNS E RESERVAS : Se es titular do carné xove, podes inscribirte no formulario que aparece na web de www.xuventude.net


PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición comeza o día 7 de febreiro ás 9:00 horas.

ADXUDICACIÓNS DAS PRAZAS
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles no programa.

Cancelarse a actividade se non hai un número mínimo de participantes.

No formulario de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.

PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE- FINDESKI LEITARIEGOS
2 noites/2 días de esquí

QUENDAS:
Febreiro: 17-19/ 24-26
Marzo: 2-4/ 9-11/ 16-18/ 30- 1 abril
Abril: 6-8 (posible cambio de aloxamento, mantendo distancia e categoría)

PARTICIPANTES: Titulares de carné xove
Máximo 52 prazas por quenda.
Mínimo 38 prazas por quenda

TARIFAS:
150 €/persoa (con carné xove en vixencia)

LUGARES DE SAÍDA:
Santiago/Lugo

Programación:

Venres: Saída as 17.00 de Santiago. As 18.30 recollida en Lugo. Acomodación no hotel e cea.
Sábado: As 9.15 estamos en Villablino para alugar o material, 2 horas de clase de esquí en grupo. Esquí libre. Ao peche da estación volta para o hotel de Vega de Espinareda.
Domingo: As 10.00 estamos na estación. Esquí libre. Ao peche da estación, devolveremos o material. Volta para Galicia.

INCLÚE:
Bus durante os 2 días desde orixe.
2 noites no hotel** en Vega de Espinareda.
Habitacións dobres e triples en Media Pensión.
2 h. de clases de esqui.

Forfait durante 2 días.
1 Guía de viaxe.
Material de esqui durante os 2 días
Seguro de accidentes

OPCIÓNS:
Clases de snow: consultar.
Clases adicionáis: consultar.
Material de snow: +16 euros

Para máis información:
Servizo de Xuventude de Ourense, Xunta de Galicia
Teléfonos de contacto: 988 386 116
988 386 120

D.X. de Xuventude e Voluntariado
Teléfono de contacto: 981 999 194

.





 

Obradoiros de "Técnica Mixta" : miyuki e bastidores

Talleres monográficos.:
  • Miyuki (anillos): sábados 4 e 25 de febreiro, de 16:30 a 20:30.

 

  • Elaboración de bastidores: sábados 11 e 18 de febrero a partir das 16:30 h.

 

  • Grupos reducidos.

Información no local de  "Técnica Mixta" , r/ Álvaro Cunqueiro, nº 7, Pontevedra.

correo:   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Programa Roteiros para a Xuventude, saídas en fin de semana

O programa Roteiros, que desenvolve cada ano a Consellería de Traballo e Benestar, ofertará entre o 3 de febreiro e o 25 de marzo un total de 336 prazas en estadías de fins de semana multiaventura aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos.

Ver programación na www.xuventude.net

A iniciativa terá lugar na provincia da Coruña, no albergue de Gandarío e no aeródromo da Fervenza no concello de Mazaricos (A Coruña).

Os interesados en participar nestes programas poderán facer a reserva da súa praza a través da chamada telefónica nos teléfonos 981545937/545702/541689/545822 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres.

O prezo para tomar parte das actividades, que estarán dirixidas por monitores, é de 60 euros para os posuidores do carné xove e de 80 euros para os que non dispoñan del.

A contía inclúe o aloxamento e pensión completa entre o venres e o domingo, así como o desenvolvemento das propias actividades e o desprazamento ata o lugar onde se realizan.

No albergue de Gandarío desenvolverase o programa ‘Dende o mar’, que contará con 24 participantes cada fin de semana. Os mozos e mozas poderán realizar actividades náuticas de navegación en cruceiro; de turismo mariñeiro cun percorrido en kaiak; e de multiaventura de windssurf e barco escola. As quendas nesta instalación serán de catro fins de semana.

Pola súa banda, no aeródromo da Fervenza terá lugar o programa ‘Dende o Ar’, no que 30 participantes por fin de semana realizarán actividades de multiaventura como rappel, escalada, ruta en bicicleta, tiro could e náuticas como o piragüismo. Nesta instalación ofrécese a posibilidade opcional de realizar voos en ultralixeiro sobrevoando o encoro da Fervenza o unha ruta en barco polo mesmo emprazamento.

 

Novas Modalidades na Escola de Esgrima de Pontevedra

As novas modalidades son:

  • MINIESGRIMA (PARA NEN@S DE 4 A 7 ANOS)
  • ESGRIMA ADAPTADA (CADEIRA DE RODAS)
  • ESGRIMA ANTIGA (ESPADA ROPEIRA, MAN E MEDIA)

Información e contacto:

www.esgrimapontevedra.com e tel. 699 231 389

 

III Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil

Aberto  o prazo para inscribirse no III Encontro galego de mobilidade, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar que se celebrará o vindeiro 4 de febreiro de 2012 na cidade da Coruña.

Este encontro está dirixido a mozos e mozas participantes en programas europeos de mobilidade xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, como son o Juventud en Acción e o Leonardo da Vinci – MOGAL-, no programa galego de mobilidade A Xuventude no Mundo, a técnicos de xuventude e de servizos sociais, dinamizadores xuvenís, entidades prestadoras de servizos sociais , líderes de asociacións xuvenís e mozos en xeral interesados na temática da mobilidade.

O número de prazas para este encontro é de 250 e o prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de xaneiro.

O formulario de inscrición estará dispoñible na web www.xuventude.net

 

Programa " Reconstruir Decembro "

Plan Municipal de Condutas Adictivas, enmarcado no Área de Benestar Social Municipal do concello de Pontevedra, está a levar a cabo un programa denominado RECONSTRUÍR DECEMBRO 1.

 Programa Actividades:

- Exposición dos produtos do Taller de Deseño e Produción da Unidade de Día na Galería Sargadelos que vos invitamos a ver xa que permanecerá ata o día 29 de decembro (en horario de comercio)

- Mesa Redonda o 21 de decembro, na Casa das Campás (o lado do Teatro Principal) de 10.00 a 13.30, se levará a cabo unha co título: I+D EN SERVIZOS SOCIAIS. RELATO DUNHA EXPERIENCIA ó que temos o gusto de convidarvos. É un tema relativamente novidoso polo que agardamos que sexa do voso interese.

Información: Plan Municipal de Condutas Adictivas, Concello de Pontevedra
tel. 986 85 14 89

 

Actividades Biblioteca Pública Pontevedra en decembro

CONTA CONTOS PARA NENOS

 VENRES 2 DE DECEMBRO

 “Pinceladas o Redor” por MIGALLAS TEATRO

 Horario : 18:00 h

Lugar: Sala infantil.

Entrada libre. Aforo limitado

Publico familiar

 VENRES 16 DE DECEMBRO

 “Un Chisco diferente” por MIGALLAS TEATRO

 Horario : 18:00 h

Lugar: Sala infantil.

Entrada libre. Aforo limitado

Publico familiar

 MARTES 27 DECEMBRO

 “Estreliñas do nadal” por MIGALLAS TEATRO

 Horario : 18:00 h

Lugar: Sala infantil.

Entrada libre. Aforo limitado

Publico familiar

 MÉRCORES 28 DECEMBRO

 “Viaxe pola Galicia encantada” de Trinke Trinke

Horario : 18:00 h

Lugar: Sala infantil.

Entrada libre. Aforo limitado

Nen@s de 3 a 8 anos

  XOVES 29 DE DECEMBRO

 “Os ratos volven a Biblioteca” de Trinke Trinke

Horario : 18:00 h

Lugar: Sala infantil.

Entrada libre. Aforo limitado

Nen@s de 3 a 8 anos

 TEATRO / MONICREQUES / CONTOS PARA NENOS

 VENRES 23 DECEMBRO

 “CONTO DE NADAL DE CHARLES DICKENS” de Teatro do Miolo

 Adaptación do conto de Charles Dickens, dramatizado con monicreques e dirixido a un público de nenos/as de 4 a 12 anos, que pretende realzar o valor da xenerosidade e a amizade

 Público familiar. Recomendado a partir de 4 anos

Horario: 18:30 h

Lugar: Salón de actos da Biblioteca

 

EXPOSICIÓNS

 DO 16 DE DECEMBRO ATA O 5 DE XANEIRO

 “OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS” proposta pola ONG Intervida

Pretende achegar a temática dos dereitos da inancia ao público máis novo. Consta de nove paneis onde están representados os principais dereitos dos que deben gozar tódolos nenos nenas do mundo. Tamén vai acompañada dun despregable explicativo que presenta a Convención dos Dereitos da infancia de 1989

 Tódolos públicos.

Horario: 9 a 21 H

Lugar: Vestíbulo da Biblioteca

  CLUBS DE LECTURA

 

Club en lingua galega (os luns de 19 a 20 h)

Club en lingua castelán (mércores de 17 a 18 h.)

Club en lingua inglesa ( martes de 19 a 20 h.) (nivel de inglés intermedio (alto- avanzado))

Club en lingua portuguesa (luns de 18 a 19 h.) (nivel medio)

Club en lingua francesa (xoves de 19 a 20 h.) (Nivel medio-avanzado)

 

Mais información no telf. 986850 838 de 9 a 14 h., ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

 

 

Ludoteca Nadal no Colexio Froebel

Organiza: Gaia Animación en colaboracion co colexio público Froebel.

Datas: do 22 de decembro ao 5 de xaneiro

Horario: de 9 a 14 h.

Idades: de 5 a 12 anos

Prezos: 50 € / irmán 40 €

Actividades:  elaboración de xoguetes e xogos, bailes de reis, actividades deportivas, pintura, teatro, escultura, fotografia...etc

Inscricións: do 15 de novembro ao 22 de decembro en horario de 16.30 a 18.30 no Colexio Froebel

Tel. de información 615 330 707

 

Estancias creativas para xóvenes: estadías creativas de fin de semana

O programa ‘Estancias creativas para xóvenes’ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, enmarcado no Circuíto da Creatividade, oferta un total de 150 prazas en estadías creativas de fin de semana aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos.

As estancias terán lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo), na provincia da Coruña, e no Complexo Residencial Xuvenil LUG (Lugo) en oito fins de semana desde o mes de febreiro ata o mes de xuño de 2012.

As estancias inclúen a manutención, o aloxamento e os materiais básicos para a intervención artística e para a realización do traballo artístico durante a estadía.

En cada fin de semana o número de prazas será de 20, 10 por cada especialidade, sendo estas poesía, relato breve, graffiti, banda deseñada, videocreación, webcreación, creación DJ, baile, música, pintura, escultura, teatro, danza e expresión, cartelería e fotografía creativa. Como remate das estancias, no mes de xuño está prevista unha creación multidisciplinar por parte de todos os participantes.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de xaneiro de 2012

Os interesados deberán remitir á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a súa solicitude xunto co seu proxecto e os eu currículo artístico. Coincidindo co Ano Europeo do Voluntariado, a temática dos proxectos será ‘Arte voluntaria: como facer arte desde o voluntariado’.

Informacion na www.xuventude.net

 

 

Charlas Informativas sobre o Programa Europeo “Xuventude en Acción”

Xuventude en Acción: Intercambios e Iniciativas. Venres 18 de novembro

¿Tes entre 13 e 25 anos e resides nun país da Unión Europea? Pois xa podes organizar ou participar nos Intercambios e Iniciativas que propoñe o programa “Xuventude en Acción” , o programa europeo de educación non formal para xente moza.

Se queres organizar coas túas amistades, cos teus compañeiros/as de clase ou de unha asociación, un intercambio con xente nova de outros países, «Xuventude con Europa» ofrecevos a posibilidade de vivir non só novas experiencias persoais,senón a oportunidade de coñecer outras culturas e facer novas relacións de cooperación e amizades con outros mozos e mozas doutras culturas e vivencias.


Xuventude en Acción: Servizo de Voluntariado Europeo (SVE). Venres 25 de novembro

Ofrece á xente nova de entre 18 e 30 anos a posibilidade de realizar unha actividade de voluntariado de 2 a 12 meses nun pais da Union Europea. O SVE ofrece ao voluntario/a unha experiencia acreditada de educación non formal, participando en proxectos locais de ámbito sociocultural ou ambiental. O programa cubre gastos de desprazamento, aloxamento, alimentación, seguro, transporte local e formación lingüística.

INSCRICIÓNS :

Oficina de Xuventude, Casa Azul.Sor Lucia 2, 3º andar

ou enviando correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 HORARIO DAS CHARLAS: 19 A 21 H.

LUGAR: PAZO DA CULTURA

www.juventudenaacion.injuve.es portal do Programa Europeo de Educación non Formal

Actividade dentro do programa "Pisando Forte 2011" da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra.

 

 

Páxina 1 de 6

«InicioAnterior123456SeguinteFinal»

Para facernos chegar información que
teñas interese en difundir, envíanola á:
XUVENTUDE rúa Sor Lucía 2-3, 3º - 36002
Pontevedra


ou ao fax: 986 846 145
Máis información
no tel. 986 840 367