Aberto prazo 2º Certame Erotismo "Noites Abertas 2012"
2º CERTAME DE EROTISMO NOITES ABERTAS
Dende o programa Noites Abertas presentamos a 2ª edición do Certame de Erotismo como espazo para o encontro artístico en formato visual e auditivo do feito sexual humano no seu matiz erótico.
· TEMA: "O Erotismo".
· CATEGORÍA ÚNICA: mellor representación artística (pintura, escultura, debuxo, cómic,poesía, fotografía, conto, ...).
· PARTICIPANTES: mozos e mozas entre os 18 e 30 anos.
· PRAZO: presentación de propostas ata o 13 de abril de 2012, inclusive.
· LUGAR DE PRESENTACIÓN: Coordinación de Noites Abertas - Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra – Casa Azul, rúa Sor Lucía, 2, 3º andar, 36002 Pontevedra
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
· INFORMACIÓN: Tel. 986 840367
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.facebook.com/noitesabertas
· PREMIOS: 2 premios para unha única categoría, consistente en 2 bonos de Spa para dúas persoas con estancia en hotel en réxime de media pensión durante unha fin de semana.
· ENTREGA DE PREMIOS E INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE TRABALLOS: 4 de maio no Local de Música de Pontevedra. Darase un prazo de 10 días naturais para recoller o premio.
No caso de non recollelo entenderase que se renuncia a este polo cal a organización designará o premio á seguinte obra finalista e así sucesivamente.
BASES
0. Temática: "O Erotismo"
1. Xurado e exposición: o xurado constituído pola Coordinación de Noites Abertas seleccionará as obras gañadoras na semana do 14 ao 23 de abril de 2012, tendo en conta os criterios do certame e tomando en consideración a súa orixinalidade, calidade técnica e artística.
A entrega de premios realizarase o 4 de maio ás 20h. no Local de Música de Pontevedra. Nesta mesma data e lugar inaugurarase a exposición dos traballos do 2º Certame de Erotismo Noites Abertas.
O xurado estará conformado por:
· 1 secretario/a de actas
· Un/ha representante da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra
· Un/ha representante da Coordinación do programa Noites Abertas.
· Un/ha representante da Asociación Sociocultural Inzar
· 2 artistas profesionais
· 3 monitores/as de Noites Abertas designado pola Coordinación do programa.
2. Licencia das obras: os dereitos das obras seleccionadas pasarán a ser propiedade do
programa Noites Abertas da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra. No caso de
obras onde se amose a persoas, o/a autor/a deberá de ter por escrito un permiso asinado de
consentimento do/a modelo sempre maior de idade.
Os traballos participantes no certame poderán ser exhibidos en exposicións e no sitio web
www.noitesabertas.com ou en www.facebook.com/noitesabertas. A organización resérvase o dereito de non expor obras por motivos de espazo e de tamaño.
3. Formato das obras: o certame non establece un único formato artístico polo que poderán presentarse obras tanto de texto como de imaxe.
As obras deberán ser enviadas ao enderezo da Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (Programa Noites Abertas- 2º Certame de Erotismo), Casa Azul, rúa Sor Lucía, 2, 3º andar, 36002 de Pontevedra. Tamén poderán enviarse por correo electrónico ao enderezo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
Cada autor/a recibirá un correo de confirmación da chegada.
4. Presentación de obras en formato IMAXE (vídeos,fotografías, gravacións, ...)
Presentación dos traballos:
Para vídeos e gravacións poderán presentarse en soporte físico (CD e DVD) nun formato stándar ou ben enviar o enlace do vídeo subido a Youtube.
No caso concreto de fotografías, estas deberán presentarse en papel fotográfico tamaño 20x30 cm sobre soporte ríxido (cartón-pluma ou similar), acompañadas do formato dixital (se é o caso) no mesmo tamaño 20x30 cunha resolución de 300 ppp.
É necesario explicar por escrito nun documento xunto, a técnica empregada.
Cada participante poderá enviar un máximo de 5 obras e todas elas deberán traer a
seguinte información:
· Nome do/a participante
· Título da obra
· Datos de contacto
· Autorización para que a obra sexa publicada e/ou exhibida.
Se faltara algún dos requisitos, a obra non podería ser admitida no certame.
Deberá presentarse todo no mesmo sobre xunto coa obra para evitar problemas de identificación dos/as autores/as.
5. Presentación de obras en formato TEXTO (contos, banda deseñada, poesía...)
Presentación dos traballos: cada participante poderá enviar 1 soa obra orixinal e inédita escrita en lingua galega e cun máximo de 20 versos e un mínimo de 10 no caso de poemas e de 4 páxinas (24 liñas por páxina) a dobre espazo e letra Arial 12 no caso de obras en prosa.
Enténdese por obra inédita aquela que non fora publicada con contraprestación económica, considerándose válido aínda que tivera aparecido antes en Internet ou noutros medios, sempre que o/a autor/a non recibira pago algún por isto.
A obra será enviada nun só arquivo formato doc (impreso ou dixital) compatible con Open Office, acompañado da seguinte información:
· Nome do/a participante
· Título da obra
· Datos de contacto
· Autorización para que a obra sexa publicada e/ou exhibida.
Se faltara algún dos requisitos, a obra non podería ser admitida no certame.
Deberá presentarse todo no mesmo sobre xunto coa obra para evitar problemas de identificación dos/as autores/as.